Angelman Mountain Walk

Angelman Mountain Walk

martes, 31 de diciembre de 2013

            As 9.30 da mañan se Saldrá da alameda vella de Cangas para dirixirnos hacía a zoa da antigua Fabrica de Masso que no seu momento foi motor da economía de Cangas, podremos observar a antigua chimenea todavía ben conservada, as ruinas da fabrica, cocheiras, hotel e guardería para subir pola zoa da caina e empezar a ascender hacia a Capela de San Roque onde disfrutaremos dunhas impresiantes vistas, para logo alcanzar a cuspide do Monte, o pico do Elefante, que recibe o seu Nome pola rocha que rexide no cumio e que ten gran parecido co animal, podendo divixar toda Vila de Cangas é a praia de Rodeira.











Chimenea Fabrica Masso-Fabrica de Masso e Economato












                    Capela de San Roque - Monte do Elefante                                                        
        
           Baixamos o cumio para dirixirnos o Monte das campas, que recibe o seu Nome polas covas de pedra que hai no seu cumio e que foron esculpidas polo vento en forma de campas. Dende aquí xa encaramos ata o petroglifo da laxe do chan donde un experto nos explicará a porque da xua importancia e o que nel se reflexa. Esta será a primeira parada e nos dará folgos para subir carón o Balcón do rei, onde se pode disfrutar dunha importante zoa de lecer con bosque autoctono que nos vai lebar ata o Monte Castelo, na ladeira do cal esta soterrado o Castelo Dárabelo, que aparece descrito cas suas tres grandes Torres por Pedro Madruga no 1184.


              Petroglifo Laxe do chan -Balcón do Rei


Na outra ladeira do Castelo poderemos atopar a cova que din que comunica cas Furnas de Santa Marta é da cal moitos contan cos golpes de mar se escoitan no seu interior.No cumio do monte todavia se atopan os restos da cultura castrense, pódendoxe ademais desfrutar dunha das mellores vistas da ría que endexamais atoparedes.










          
                                                              Monte Castelo
             
        Unha vez vixitado o Castelo baixaremos a zoa de Pedra cabalgada onde disfrutaremos doutro bosque moi ben conservado de arborés autoctonas e pasaremos polo nacemento do río Pontillón para dirixirnos ata o Monte Varalonga antiguo vertedeiro de lixo e hoxe zoa rehabilitada, con especial encanto, e cunhas vistas das Illas Cies e zoa de Limens cas Dunas o fondo espectaculares.


                  
Area Varalonga                                                     Pedra Cabalgada


     Ali disfrutaremos dun avituallamento solido e liquido para logo encararnos a zoa do primeiro asentamento amurrallado da zona do Morrazo a Vila de Arabelo do cal so quedan os restos dos antiguos camiños de Pedra que rodeaban o asentamento e os cales son hoxe en día mal chamados camiños romanos, pasaremos pola fonte de Darbo para adentrarnos de novo en antigos camiños de Pedra e chegar entre restos das antiguas murallas a Zoa de Serra Poñente carón da Capela de San Roque para baixar pola antigua Mina, Labadoiro e restos das casetas dos antiguos Cueteiros que no seu día foron destruidas por unha explosionar accidental.



 



                                                        Camiños e Murallas de Arabelo


              Chegamos a Alameda Vella o redor das 13:00 para Xuntarnos cos participantes na Marcha Angelman de BTT, despois de 12 Kms polos montes da camarca.

      Lembramos a todos os  participantes que poden colaborar cas investigacións para busqueda de mellores tratamentos para a Sindrome de Angelman a traves do número de conta da Caixa número ES16 2100 5735 5402 0011 6870

No hay comentarios:

Publicar un comentario